domingo, 1 de abril de 2018

De John Lennon á Educación Social pola Paz e a Non-Violencia



Post publicado por el Colegio de Educadores y Educadoras Sociales de Galicia en GALLEGO de su Boletín número 118, de diciembre 2017-eenro 2018. MUCHAS GRACIAS.
Ao final da segunda guerra mundial un conxunto de países se formulan a necesidade dun modelo de Paz como base para a convivencia e que se apoia principalmente na Educación. Así xorden novos desafíos no ámbito da Educación Social, algúns deles enmárcanse nunha nova Educación para a Paz e o Desenvolvemento que vai máis lonxe do que coñecemos como crecemento económico, outros na chamada Educación Intercultural debido ao fenómeno emigratorio, tamén en Educar para a participación e finalmente unha Educación que fomente o desenvolvemento persoal e social, esta última tendo como lanzadeira á escola, a familia e a propia comunidade. En 1964, Llorenç Vidal, educador, poeta e pacifista, establece o 30 de xaneiro como Día Escolar da Non-Violencia e a Paz, sendo devandito día o aniversario da morte de Gandhi. Llorenç Vidal pretende o desenvolvemento de accións con obxectivos de fomentar a Non-Violencia e A Paz na contorna dunha Educación Pacificadora de carácter permanente. É en 1969 cando un novo conflito bélico xorde e que introduce o medo a que unha nova guerra mundial estivese ás portas da humanidade, falamos da Guerra do Vietnam.Nese mesmo momento dúas persoas desde a habitación 1742 do Hotel Queen Elizabeth de Montreal (Canadá), encerradas durante unha semana,mobilizaron a toda a opinión pública e reivindicaron a PAZ e un NON á guerra do Vietnam e a todas asGUERRAS. Referímonos a John Lennon e Yoko Ono, a súa acción espertou a moita xente e foi a resposta a que é necesaria a participación da sociedade para poder vivir con ausencia de guerras. A fotografía que percorreu o mundo,obra dun novo estudante italiano de Belas Artes de 19 anos, Bruno Vagnini, na que John Lennon e Yoko Ono en pixama e desde a cama, un 31 de maio de1969, sobre a xanela e con cinta adhesiva estaban pegados folios con eslógans a favor do “amor” e a “paz”, esa mesma imaxe é a que nos compromete a Educadores e Educadoras Sociais a traballar desde a nosa contorna por unha “Educación para a Paz”. 
Samuel Núñez Pestaña

No hay comentarios: